Coruña Online

Todo sobre Coruña

Inicio un nuevo proyecto de Blog….


 Para estas elecciones inicio un nuevo proyecto de blog, un blog para La Opinión de La Coruña sobre un coruñes que no tiene ni idea de política y no sabe a quien votar, osea, sobre mi… poco a poco iré despejando mis pensamientos y escuchando vuestras opiniones políticas, ademas gente me dirá sus opiniones y vivencias con los políticos (pequeños comerciantes, bloggers, gente conocida por todos…), espero publicar buenos artículos en estas dos semanas que durara el blog, por eso os agradezco si os pasáis y me dais vuestras experiencias con los partidos que aspiran a gobernarnos…

Para acceder al blog simplemente tenéis que darle clip a la siguiente imagen:

Http://www.corunaonline.com

Anuncios

mayo 9, 2011 - Posted by | General

1 comentario »

  1. Pides a opinión sobre os distintos partidos políticos e candidatos para as próximas eleccións municipais, e que digamos a quen preferimos, ben vou clasificar os partidos políticos por grupos (sempre dende a miña opinión), e finalmente ainda que o voto e segredo, non teño inconvinte de dicir a quen votarei o próximo 22 de Maio.

    Sobre os diversos candidatos das seguintes siglas, non vou a entrar a valorar, xa que non considero que sexan candidaturas serias ou que teñan unha visión xeral do que querrían facer no Concello, senón unha visión moi concreta e estes son: o partido da Asamblea de Votación Electrónica (AVE), Partido Antitaurino Contra el Maltrato Animal (PACMA), e logo partidos residuais que quedan como algo que se resiste a morrer, como o Centro Democrático Unido Renovado (CDUR) e o Partido Humanista (PH).

    Logo hai partidos que a súa única vocación e a de exercer como partidos bisagra e que buscan únicamente o seu propio beneficio, estes partidos son: Coruñeses con Buenos Argumentos (COR.CO.BA) que xa nin esperaron aos resultados, confirmando estes días a sua retirada para apoiar a candidatura do Partido Popular (PP), Unión Coruñesa (UC) populista a máis non poder que intenta tamén entrar no Concello para dar o seu apoio ao Partido Popular por se non alcanzase a maioría absoluta un apoio que non farían de balde, Unión Progreso y Democracia (UPyD) e Converxencia XXI (C.XXI) penso que xogan a dobre banda non posicionándose UPyD xoga coa esquerda (PSdG-PSOE) e coa dereita (PP) e os novos de C.XXI coa baza de poder apoiar a dereita (PP), ou a un partido nacionalista (BNG), ainda que vexo complicado que estes desexen pactar con eles.

    Chama a atención o novo partido denominado Sorteo Político (SORTEO), no que en caso de sair elixidos renunciarian aos seus postos en favor dun candidato que se anotase na súa páxina web e resultase gañador do sorteo que realizarán. Ben non dubido da sua boa intención de facer que a xente se involucre na política, pero penso que hai xeitos máis serios, que a dun sorteo, sen saber quen será o que ocupe o seu posto e cales son as súas propostas, para iso directamente elixiría aos representantes por sorteo entre todos os cidadáns censados na cidade.

    E para rematar quédanme os partidos digamos maioritarios, xa que todos eles teñen representación a nivel estatal, empezarei de menor a maior representación dando o miña opinión sobre eles sen extenderme demasiado.

    – Esquerda Unida os Verdes (EU-V), penso que vai dando bandazos, que non saben moi ben o que queren a nivel municipal, non propoñen nada durante todo o ano, ainda que non teñan representación municipal non é escusa para no facer propostas, a sua torpeza de traer a Llamazares a Penamoa a que lle lanzasen croios penso foi o culmen de esa torpeza política, o seu candidato José César Santiso é un descoñecido, en cada elección presentan un novo candidato, o que se interpreta como que non teñen proxecto de continuidade para a cidade, polo tanto non terán a miña confianza nin o meu voto.

    – Bloque Nacionalista Galego (BNG), penso que a sua labor neste goberno de coalición foi boa trouxo aires frescos ao goberno municipal e iso é de agradecer, pero esas loitas internas polo poder fan que a xente non confíe nun partido, que en canto pode ter cota no goberno, de súpeto saen leas internas que fan do partido un caos, se esto o fan en coalición como serán as loitas se conseguen a maioría. Gústoume a sua xestión na maioría das concellerías que xestionou como a de Rehabilitación, ou Deportes, pero o novo candidato Xosé Manuel Carril o vexo verde moi verde, e por algunha declaracións feitas dame a sensación de non coñecer a cidade pola que se presenta. Gustoume a xestión realizada no goberno municipal, pero non me gusta ou acaba de convencer o seu candidato e polo tanto non terán o meu voto.

    – Partido Popular (PP), un partido que xoga suxo, que está a enmerdar todo o que pode, con tal de conseguir o poder, non lle importan as consecuencias, só gañar, Carlos Negreira penso é o responsable de querer baixar a lama para pelexar, non me gosta a sua política de privatizacións, non a di dun xeito claro, pero vese no fondo o que pretende cos seus recortes de gastos. Penso que temos cousas moi boas nesta cidade e que o PP acabaría por agasallar aos seus amigos mediante privatizacións, cousas tales como as garderías municipais, os centros cívicos, a empresa municipal de augas, os servizos sociais, etc. Non me gusta a sua política de privatizacións e non me gusta a baixeza política do seu candidato, ainda que recoñezo que ten personas moi válidas e con outras ideas dentro do partido, pero sempre se impón a disciplina de partido e anúlanse as ideas que se saian do establecido, quen non practica a democracia interna, menos o fara dun xeito externo. Non me gusta o seu candidato e non me gusta esa disciplina férrea que impoñen, polo que non contarán co meu voto.

    – Partido Socialista de Galicia-Partido Socialista Obrero Español (PsdG-PSOE), a sua xestión mellorou moito co goberno de coalición, penso que fixo cousas boas ainda que non nego que fixo tamén cousas malas, como todos no goberno comenten erros ou non podemos coincidir ao 100% coas suas decicisións, pero creo que mellorou moito en tema como o dos servizos sociais de esta cidade, o centro de Alzeimer, as comidas para os maiores nos restaurantes da cidade, etc., os centros civicos, as garderías, apoio ao ensino público con mellora nas instalacións, o transporte público urbán, etc. O seu candidatoJavier Losada o vexo como un home sen carisma, como puido ter Francisco Vázquez, pero o vexo sinceiro, non entrou ao trapo de baixar á lama que pretendía o PP, vexo que ten unha idea de cidade (acertada ou non), que coñece a cidade e os seus problemas non como o candidato do BNG, e quen coñece os problemas pode facer algo para arranxalos, e non o vexo que intente gañar votos dun xeito populista como EU-V como a sua proposta de quitar os cartos que se dan a Igrexa Católica, que non digo que non sexa acertada, pero é tremendamente populista como a maior parte das propostas que están a facer, e eu fuxo do populismo non me inspira confianza.

    Polo tanto, penso que dentro das distintas opcións que temos, este ano votarei por Javier Losada candidato polo PSdG-PSOE.

    (Podes publicalo no teu novo blog se queres, tes o meu permiso).

    Comentario por Anxo | mayo 10, 2011 | Responder


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: