Coruña Online

Todo sobre Coruña

“El Freddy” hace que salgamos en “Galicia Confidencial”


Desde este periódico nos nombran en un articulo en el que comentan la polémica que esta generando “El Freddy” (recordar que mañana os diremos de que trata la campaña):

Polémica e éxito da campaña de BAP Conde

Págaa o Concello da Coruña ou o PP? É unha creación 100% orixinal ou un “plaxio” do documental ‘Koruño, legado de Hércules’? Sexa como for, a primeira gran campaña viral dos creadores de Vivamos como Galegos é xa un éxito. Vídeos no interior.

Por Galicia Confidencial | | 11/09/2010

BAP Conde é unha das maiores e mellores axencias de publicidade de Galicia. Da súas oficinas coruñesas saíron grandes produtos como o famoso Vivamos como Galegos de Gadis.

Agora ten revolucionado a parte da cidade herculina coa campaña de de “El Freddy”, a primeira gran aposta pola publicidade viral que se fai en Galicia. A estratexia funciona, pois as visitas as vídeos do youtube superan as 5.000.

A través de internet, o equipo de Miguel Conte está construíndo un arquetipo do mozo coruñés, que fala “en koruño” e é algo botado para adiante. Tanto, que alega ser o novo dono da cidade. 

Quen paga ao Freddy?

Por iso nos blogs dos cidadáns coméntase que o propio concello pode ser o responsábel da campaña, pois non doutra maneira daría permiso para cubrir o Obelisco. Tamén hai quen apunta que pode ser un investimento do PP de Carlos Negreira, nun intento de posicionarse entre os más novos.

 Non se trata dun investimento pequeno. Ademais do vídeo de presentación, a axencia colgou carteis de “El Freddy” no paseo marítimo e mesmo cubriu o polémico Obelisco, suponse que co permiso do Concello, pois ao novo ‘dono’ da capital non lle gusta. 

Os publicistas esconden polo de agora a identidade do anunciante, nun intento de seguir fomentando a discusión social sobre a propia campaña. 

Malia a evidente rendibilidade da aposta (cada vez que os medios falan do asunto é publicidade gratis) esta estratexia está acompañada de certa controversia. 

Nalgúns foros de internet coméntase que BAP Conde inspirouse no documental “Koruño, legado de Hércules” que no seu momento elaborou o estudio Mandeo Records como parte dun curso do Concello de Coruña. Ao igual que a campaña de BAP Conde, xoga cos estereotipos dos coruñeses e apostou, no seu caso con éxito, polas  redes sociais. 

Mas en Galicia Confidencial

Http://www.corunaonline.com

Anuncios

septiembre 13, 2010 - Posted by | General

Aún no hay comentarios.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: